Estudo de viabilidade do novo contrato da auga que entrará en vigor coa licitación do contrato
Por transparencia e a petición dos veciños, publicamos o estudo de viabilidade económico-financeira do novo contrato do ciclo integral da auga e saneamento, onde se fixan as condicións e os prezos aprobados polo goberno municipal. Os novos prezos entrarán en vigor coa licitación do contrato.
O documento amosa con claridade o que vimos denunciando:
🔹 Un incremento brutal das tarifas, tanto da auga como do saneamento.
🔹 Subidas insufribles para centos de fogares, especialmente nas vivendas con traída veciñal ou pozo propio.
🔹 Un modelo que introduce novas cotas fixas e subas desproporcionadas que se aplicarán despois das eleccións municipais.
Animámoste a consultar o estudo completo e sacar as túas propias conclusións. Asiste ás reunións informativas que estamos a realizar para explicar con detalle esta estafa e engano que prexudica a veciñanza de Poio.
