Continuar o tramo de cuneta tendida para dotar o vial de Vilariño de maior seguridade para persoas e vehículos

O grupo municipal socialista solicitou ao concello de Poio que continúe coas actuacións de mellora no vial de Vilariño, onde no mandato anterior se realizou unha obra de cuneta tendida que permitiu mellorar esta vía de comunicación dotándoa de máis amplitude e maior seguridade, á vez que se canalizou a recollida de aguas.

Tramo con cuneta tendida executada no anterior mandato

No tramo restante deste núcleo, o estado do vial continúa estando nas mesmas condicións. Isto constitúe un risco xa que, sobre todo en condicións de pouca iluminación e debido á estreitez da vía, propiciase saídas dos vehículos. Nalgunha ocasión xa chegaron a quedar entalados nas beiradas.

A cuneta tendida contribúa a mellorar notablemente as características da estrada. Por isto, o compañeiro socialista Julio Casás solicitou este martes a través dun rogo na comisión de urbanismo que o goberno municipal atenda esta necesidade da veciñanza da zona. Pedíuse a continuidade da cuneta tendida seguindo o modelo do tramo xa executado. Esta actuación daría máis seguridade ao tránsito tanto peonil como de vehículos, facilitando os desplazamentos en Vilariño.

Rogos e queixas veciñais

Tamén na comisión de urbanismo do pasado martes, o grupo socialista trasladou aos concelleiros responsables as queixas e necesidades das persoas usuarias do aparcadoiro municipal en Pedro Soto, Campelo. Reclaman o acondicionamento deste espazo de estacionamento que se atopa en malas condicións con baches e fochancas que dificultan facer uso del. Podes facernos chegar as túas suxestións e queixas ao correo info@socialistaspoio.com ou a través deste formulario: https://socialistaspoio.com/participa/

Deja un comentario

Scroll al inicio