Poio avanza grazas ás actuacións xestionadas no anterior mandato

A SOLUCIÓN AO SANEAMENTO DA RÍA SERÁ UNHA REALIDADE GRAZAS Á XESTIÓN SOCIALISTA E PESE AOS ATRANCOS E MENTIRAS DE ÁNGEL MOLDES.

  • O PSOE lembra que o saneamento realizarase pola xestión dos socialistas. O alcalde chegou a tildar de “mentira e fume” o proxecto xestionado por Gregorio Agis no mandato anterior co Concello de Sanxenxo e o Goberno central
  • Logo de case un ano de mandato, Poio avanza grazas ás actuacións xestionadas no anterior mandato. Mentras, o PP incrementa os soldos, a débeda e os asesores

O grupo municipal do PSdeG-PSOE valora moi positivamente os avances. As obras que se están a realizar para a ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Paxariñas, en Sanxenxo, van a bo ritmo. Esta actuación permitirá dotar deste servizo ás parroquias de Raxó e Samieira. Esta acción porá fin a unha demanda histórica e facilitará que nestas localidades poienses se deixe de verter na ría. É a solución a un problema do que fixo caso omiso a Xunta de Galicia do Partido Popular. Durante décadas, pese a ser unha competencia directa desta administración. E a pesar tamén dos paus nas rodas postas polo actual alcalde de Poio, Ángel Moldes, que hai só uns meses tildou esta actuación de “mentira e fume”.

A solución ao saneamento da ría foi unha realidade no mandato anterior

O portavoz socialista, Gregorio Agís, lembra que no mandato anterior, cos socialistas dirixindo a área de Urbanismo, firmouse o convenio con Acuaes, Goberno central e Concello de Sanxenxo. Foi posible facer realidade estes traballos, que xa levan un tempo en marcha.

“Todas as partes tiveron unha altura de miras imprescindible, na que se antepuxeron as necesidades da veciñanza por riba das siglas políticas“, sinalou Agís. Unha altura de miras da que carece o señor Moldes. Ata que chegou á Alcaldía non se cansou de tratar de torpedear o proxecto e de definilo como un embuste e fume. “O señor Moldes visitou onte as obras e comprobou de primeira man que todo o prometido se está a facer realidade. O mínimo que debería facer é pedir disculpas aos veciños e veciñas de Poio. Por tratar de sacar rédito político dun tema tan serio como o do saneamento da ría”, sinala o principal grupo da oposición.

Desde o PSdeG-PSOE salientan, unha vez máis, a boa sintonía que existiu entre o Goberno central e os Concellos de Poio e Sanxenxo para impulsar este proxecto, que conta cun orzamento de 26 millóns de euros e que se negociou no anterior mandato. ” Asinousecunhas condicións moi ventaxosas, xa que non condicionan o futuro das arcas municipais, cuns prazos razoables e perfectamente asumibles”, sinalou Gregorio Agís.

O SANEAMENTO SERÁ REALIDADE GRAZAS AOS SOCIALISTAS

Un ano sen ningunha actuación de calado

A día de hoxe, a piques de cumprirse un ano desde as eleccións municipais, o Partido Popular de Poio non foi quen de impulsar ningunha actuación. Non hai obra ou proxecto de relevancia para a veciñanza. “A día de hoxe só se nota a man do señor Ángel Moldes no incremento da débeda, na suba de soldos ata ter o máis alto da historia de Poio por riba de 41.000 euros e na contratación de máis e máis asesores do seu entorno persoal”, conclúen os socialistas.

Deja un comentario

Scroll al inicio