Moldes queda retratado co sablazo da auga en Poio

O sablazo da auga en Poio xa ten cifras oficiais, e foron reveladas polo propio alcalde. Durante o último Pleno, Ángel Moldes tiña diante a súa propia táboa de tarifas. Veuse comprometido a facilitarllas ao grupo socialista durante uns instantes. Ese documento —que agora facemos público— contén os cálculos e cifras do alcalde. Isto confirma o que o PSOE de Poio leva meses advertindo. A suba será brutal e afectará con dureza ás familias e negocios do noso municipio.


O mesmo documento que Moldes pretendía ocultar desmente as súas propias palabras. Mentres nega publicamente a suba, os seus cálculos oficiais amosan incrementos de ata o 800%. Supoñen un golpe inasumible para a economía da veciñanza. A súa estratexia de engano queda así en evidencia: sabía o impacto real do contrato e decidiu ocultalo.
A trampa non remata aí. O novo contrato prevé dúas subas escalonadas, unha nos dous primeiros anos e outra a partir do terceiro. Coincide casualmente co período posterior ás eleccións municipais. Esta manobra, claramente electoralista, pretende atrasar o golpe final para que os veciños non perciban o verdadeiro custo ata despois de votar.
Aplicación para calcular a túa propia factura coas novas tarifas de Moldes
Fronte á falta de transparencia e a ocultación deliberada do alcalde, o PSOE de Poio pon a disposición da cidadanía unha ferramenta sinxela. Permite calcular canto pagará cada fogar ou negocio coas tarifas de Moldes. Empezarán a aplicarse cando entre en vigor o novo contrato: o que paga hoxe, o que abonará nos dous primeiros anos e o sablazo final a partir do terceiro. A aplicación está dispoñible en: https://socialistaspoio.com/CALCULA_O_TIMO_DA_AUGA.html