Reunións veciñais por un Poio mellor: escoitar, propoñer e actuar

O PSdeG-PSOE inicia unha rolda de reunións veciñais para escoitar as túas propostas

No PSdeG-PSOE de Poio cremos firmemente no diálogo coa veciñanza. Por iso, iniciamos unha rolda de reunións veciñais co obxectivo de coñecer as necesidades reais do municipio e ofrecer solucións concretas. Porén, estes encontros, abertos a toda a cidadanía, son a nosa forma de reforzar o compromiso cun Poio mellor.

Traballo constante para atender as necesidades da veciñanza

Na oposición, o grupo municipal socialista leva máis dun ano e medio traballando intensamente para defender os intereses dos veciños e veciñas de Poio. Pero a xestión do goberno do Partido Popular, co alcalde Ángel Moldes, está marcada pola parálise de proxectos fundamentais e a falta de resposta a asuntos tan importantes como a seguridade na PO-308, o transporte público, a atención primaria ou o estado dos espazos públicos. Polo tanto, revisaremos estes temas e outros de interese na túa localidade: Problemas co saneamento, proxecto do Peirao do Covelo, estado das vías públicas, beirarrúas, mala xestión dos servizos municipais…

Sobre todo, as reunións veciñais serán clave para recoller as preocupacións e propostas da cidadanía, que incorporaremos ao noso traballo diario na oposición.

Calendario das reunións veciñais en Poio

Non perdas a oportunidade de participar nas xuntanzas informativas. 🕗 Todas as reunións son o mércores e comezan ás 20:00 horas.

📅 15 de xaneiro – Escola Obradoiro (San Xoán)
📅 22 de xaneiro – Centro Cultural Xaime Illa (Raxó)
📅 29 de xaneiro – Escola do Campo (Combarro)
📅 5 de febreiro – Escola de Tarrío (Samieira)
📅 12 de febreiro – Escola de Viñas (San Salvador)

Sempre ao carón da veciñanza

Se non podes asistir ás reunións veciñais, lembra que estamos dispoñibles a través do teléfono 📞 649100120 e o correo 📧 info@socialistaspoio.com. Ademais, podes estar informado da actualidade municipal na web socialistaspoio.com Queremos escoitarte e traballar xuntos polo futuro de Poio.

Xuntos construiremos un Poio mellor!

Deja un comentario

Scroll al inicio