Queixas veciñais polos viais municipais e polos aparcadoiros públicos.

O grupo municipal socialista puxo en coñecemento dos responsables municipais as malas condicións e o estado no que se atopan varias rúas e aparcadoiros municipais. Nos últimos tempos, son moitas as zonas e espazos do noso municipio que precisan de atención e acondicionamento periódico. Evidentemente,  isto non se está a realizar cunha frecuencia axeitada nin coa debida dilixencia.

En concreto, na comisión de urbanismo deste martes os integrantes do grupo municipal socialista demos  traslado ao goberno do PP das queixas veciñais polos viais e aparcadoiros públicos. Entre elas, as provocadas polas fochancas existentes no aparcadoiro disuasorio municipal en Pedro Soto Couselo, en Campelo. Solicitouse ao concelleiro de obras que se canalicen as augas pluviais para evitar a formación de baches que dificultan o uso desta zona de estacionamento que fora habilitada no mandato anterior. Habilitar novos espazos para ampliar as prazas de aparcamento é unha necesidade, mais debe facerse de xeito que se garantan unhas mínimas condicións e levar a cabo o mantemento necesario.

Queixas pola falta de acondicionamento dos camiños 

Así mesmo, esta mañá trasladamos queixas ao goberno municipal da necesidade de levar a cabo o acondicionamento e limpeza das escaleiras da Travesía Terceira de Viñas. Igualmente, precisa acondicionamento o Camiño da Ruza, ambas as dúas na parroquia de San Salvador. Debido ao mal estado no que se atopan na actualidade dificúltase o tránsito peonil por uns accesos frecuentemente utilizados. Son rúas moi utilizadas polas numerosas persoas desta parroquia que se desprazan a pé e que nos trasladan que non se atopan debidamente coidadas.

Achéganos as túas queixas e suxestións

Poñemos ao teu dispor os medios para que poidas achegar as túas queixas e suxestións ao grupo municipal socialista, a través das seguintes canles de contacto: Correo electrónico info@socialistaspoio.com e teléfono móbil 649 10 01 20. Tamén podes achegar as túas suxestións a través do Formulario de Contacto. Agradecemos a colaboración cidadá para entre todos e todas mellorar o noso municipio

Deja un comentario

Scroll al inicio