O grupo socialista insta á Xunta de Galicia a executar o proxecto de mellora do Porto de Covelo en Samieira
- A moción socialista acadou o apoio unánime da corporación de Poio no Pleno de setembro.
- Unha demanda histórica da veciñanza que leva quince anos de retraso polas desculpas e atrancos do Partido Popular.
- Tras a inauguración do proxecto de Raxó o pasado agosto, agora tócalle a Samieira.
Un proxecto paralizado dende 2009
Os socialistas lembramos que a rehabilitación do Porto de Covelo en Samieira está comprometido dende o ano 2009. O Partido Popular manteno “metido nun caixón”. Leva ofrecendo só “desculpas e mentiras” durante quince anos. En 2022 se asinouse o convenio que permitiu a mellora da zona portuaria de Raxó, pero proxecto de Covelo segue sen materializarse.
Segundo o convenio, establecíase un investimento de 2.200.000 euros para a rehabilitación integral da área portuaria de Covelo. Sen embargo, só se executaron 300.000 euros, destinados á ponte da zona, que corría o risco de colapso estrutural.
Unha actuación urxente para o Porto do Covelo
O PSOE destaca a necesidade urxente de intervir no entorno de Covelo, onde se están a producir numerosos problemas. Vertidos continuados e afundimentos no asfalto do paseo, problemas que empeoraron este verán. O grupo socialista sinala a incapacidade do goberno local para dar unha resposta efectiva a estas situacións. Isto agrava aínda máis o deterioro e o estado de abandono dunha zona cun enorme atractivo e interese.
Agora tócalle a Samieira
O Partido Popular e o actual alcalde Ángel Moldes bloquearon e entorpeceron sistematicamente o proxecto de rehabilitación de Raxó e Covelo. A Xunta e Portos só reaccionarion cando, con fondos europeos, o anterior goberno iniciamos a mellora da Avenida Ramón Encinas en Raxó. Inaugurado xa o proxecto de Raxó, reclamamos que se cumpra o compromiso adquirido con Samieira. É necesario evitar que o abandono da zona continúe. Urxe transformar un espazo de enorme interese para o disfrute da veciñanza e potenciar o atractivo de Samieira.
O PSOE de Poio esixe acción inmediata no Porto de Covelo
O PSOE de Poio esixe a Portos de Galicia que proceda coa rehabilitación integral do peirao de Covelo. Poio leva xa quince anos agardando pola súa execución. Tras anos de escusas e demoras inxustificables, os socialistas reiteramos que é o momento de actuar. Urxe poñer fin ao abandono e lamentable deterioro da zona.