Patxi López na campaña socialista ás eleccións da Xunta. O portavoz socialista no Congreso dos Deputados estará na campaña socialista de Poio no tramo final da campaña electoral. Estará acompañado pola cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Pontevedra; Elena Espinosa. Tamén intervirán o deputado no Congreso David Regades e o portavoz municipal socialista e deputado pontevedrés, Gregorio Agís.
Cando faltan apenas tres días para chegar ao final da campaña electoral cara ás eleccións autonómicas 2024, na que o candidato á presidencia Xosé Ramón Besteiro propón medidas fundamentais para o cambio real en Galicia, contaremos con Patxi López na campaña socialista ás eleccións da Xunta. Será no salón de actos da Comunidade de Montes de San Xoán, na Seca.
O acto será este mércores 14 de febreiro, ás 21.00 horas, na sede da Comunidade de Montes de San Xoán, na Seca
O salón de actos da sede da Comunidade de Montes de San Xoán, no lugar da Seca, acollerá este mércores un dos actos principais da campaña socialista na bisbarra de Pontevedra. Será un mitin que contará coa presenza de Patxi López, o actual voceiro do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados. López conta cunha ampla bagaxe e traxectoria política nacional, tendo sido xa Presidente do Propio Congreso e ‘Lehendakari’ vasco.
López estará compañado polo deputado socialista nas Cortes en Madrid, David Regades, e pola cabeza de lista do PSdeG-PSOE ás eleccións autonómicas do vindeiro domingo, Elena Espinosa. Tamén participará o portavoz do grupo municipal e deputado pontevedrés, Gregorio Agís. O portavoz un chamamento ao socialismo local para dar o seu apoio “sen fisuras” nas urnas ao candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro.
“É o momento de que na Xunta de Galicia contemos cun presidente que poida dar resposta ás inquedanzas da cidadanía, sen atender a intereses políticos e partidistas, algo tan típico do Partido Popular e que, no caso de Poio, se traduza no desbloqueo de demandas históricas que o PP se negou a acometer na nosa vila por unha simple cuestión de siglas, como é o desenvolvemento do polígono de Fragamoreira, a mellora total da PO-308, a PO-303 ou a construción do novo Centro de Saúde entre outros”
Gregorio Agís, portavoz municipal dos socialistas de Poio.
Os socialistas de Poio animan a toda a cidadanía a asistir a este acto electoral e participar no camiño cara ao cambio na Xunta de Galicia. Porque con Besteiro, Desta vai!