Fondos Europeos conseguidos

Os fondos europeos son unha oportunidade para a transformación e mellora do noso municipio. Aqueles concellos que sexan capaces de conquerir estes fondos obterán unha ventaxa competitiva adiantando o futuro e permitindo a transformación dos seus territorios. Poio está á vangarda na xestión de fondos europeos, dende a Concellaría de Promoción Económica conseguimos máis de 20 millóns de euros nos últimos 4 anos. Somos o concello de Galicia con máis fondos europeos conseguidos per cápita.

1. Ximnasio

Mellora da envolvente térmica do Ximnasio municipal de A Seca e accesibilidade que transformou a imaxe de esta instalación por un importe de 109.415 €.

2. Pavillón polideportivo de A Seca

215.737 € de financiación para a mellora da cuberta e substitución das luminarias.

3. Casa do Concello

Mellora da cuberta existente e substitución da iluminación interior para a mellora da eficiencia enerxética por un importe de 215.737 €.

4. Estrada de Campelo

Co goberno provincial da socialista Carmela Silva foi posible a reforma integral da estrada Portosanto – Campelo por un importe de 2.012.119€. Este proxecto da Deputación de Pontevedra mereceu fondos europeos por valor de 1.500.000€ que permitiron reembolsar o 30 por cento de aportación municipal. Unha completa transformación que mudou unha estrada perigosa para peóns e vehículos.

5. Substitución de 2650 luminarias eficientes de baixo consumo

Renovación de 2.695 puntos de luz para pasar a dispoñer de luminarias LED, o que fará descender o consumo enerxético de xeito notable. Esta actuación servirá para completar a renovación de máis do 60% do sistema de alumeado municipal.

6. Mellora integral do núcleo do Xuviño

Humanización, mellora de servizos e rehabilitación integral do núcleo do Xuviño para a posta en valor do seu carácter tradicional por un importe de 313.000 €.

7. Mellora e ampliación da antiga escola unitaria de Arén

Mellora integral e ampliación da antiga escola unitaria de Arén para destinar a local municipal e poñer este equipamento a disposición da veciñanza para desenvolver actividades, con fondos conseguidos cun importe de 158.480 €.

8. Mellora integral do frente costeiro de Raxó en Ramón Encinas

Transformación total do paseo marítimo de Raxó, cun modelo de plataforma única de prioridade peonil e substitución de todos os servizos. Un investimento de 822.415,99 €

9. Mellora integral da fronte costeira na zona portuaria de Raxó

Os socialistas conseguimos impulsar a completa transformación da fronte costeira de Raxó que se atopa moi deteriorada. Agora está xa en execución a obra do tramo de Ramón Encinas con fondos europeos. Conseguimos desbloquear tamén con
Portos de Galicia a mellora da zona portuaria de Raxó, comprometida dende 2009 nun convenio que inclúe a mellora de Covelo polo que seguiremos traballando.

Despois de que a xunta retrasara este proxecto durante 14 anos, en breve se iniciará a execución dun proxecto que transformará totalmente un espazo de grande importancia para Raxó.

Scroll al inicio