O Poio que Funciona porá en marcha o Programa Cóidome en coordinación cos profesionais dos centros de saúde

26/05/2023

. O Poio que Funciona entende que o deporte é un eixe transversal para propiciar o desenvolvemento social da veciñanza e, sobre todo, para propiciar hábitos de vida saudables.

“Apostamos polo deporte dende unha óptica inclusiva, de integración social, igualitaria e onde se fomenten valores como o respeto e a convivencia”, subliña Gregorio Agís, candidato socialista á alcadía do Concello de Poio.

A candidatura de Gregorio Agís conta no seu programa cun amplo capítulo no que detalla as medidas que impulsará durante o próximo mandato. “Fomentaremos a práctica deportiva dende a infancia. Entendemos que o deporte na escola debe ser unha actividade a impulsar e para conseguilo chegaremos a acordos coas entidades deportivas do concello”, afirma o socialista.

O obxectivo é tamén dar pulo as actividades vencelladas ao mar, cunha mellora dos equipamentos e a creación doutros novos como no pavillón municipal que se construirá no solar da antiga canteira da Graña. “Deste xeito daremos respostas a moitas das necesidades que agora carecían de solución, como por exemplo acoller a nosa ximnasia rítmica e ata poder albergar competicións a nivel internacional”, indica Gregorio Agís.

Este novo espazo unirase a creación de novas instalacións ao aire libre (pistas multideporte, skate, tenis, rocódromo, calistenia, paddle) así como circuitos BTT, “unha acción incluida tamén dentro do noso plan de revalización dos montes”. Tamén se creará un campo de herba artificial en Río de Bois e se procederá a construción dunha cuberta nas pistas de Monte Baldio.

“Traballaremos no redeseño das escolas deportivas para fomentar o deporte base como elemento de inclusión, desenvolvento persoal e a educación en valores”, engade o candidato socialista que avoga así mesmo pola ampliación do horario de apertura do ximnasio municipal.

-Un coidado integral e preventivo

O Poio que Funciona porá en marcha o Programa Cóidome dentro da súa estratexia integral de promoción de hábitos de vida saudable. Da man de profesionais especializados, o obxectivo é promover pautas que permitan activar a mente, o manexo das emocións, prestando especial atención á saúde mental, a regulación do exercicio físico e a alimentación equilibrada para mellorar a calidade de vida e as relacións interpersoais.

“Trátase dun traballo trasversal no que dende os centros médicos se deseñen un calendario de actividades, xornadas, camiñatas, saídas grupais, sesións de asesoramento a prol de promover o coidado integral da saúde física, mental e emocional”, detalle Gregorio Agís. “Todos sabemos que o labor preventivo é básico e o noso compromiso e poñer as ferramentas para que os veciños e veciñas de Poio conten coas mellores opcións para poder coidarse”, insiste.

O Poio que Funciona creará o Consello de Medio Ambiente e novos puntos de Atención á Cidadanía

Deja una respuesta

Scroll al inicio