A nosa candidatura

Grupo socialista de Poio

Coñece a candidatura
socialista de Poio

Gregorio Luís Agis Gómez

Número 1 da lista, candidato á alcaldía.

Natural de Raxó, reside en Andurique dende o ano 2011. Exerceu como arquitecto no seu propio estudo durante 10 anos, e foi a partir do 2015 cando se dedicou en exclusiva á política como membro da corporación municipal no Concello de Poio.

Silvia Díaz Iglesias

Número 2 da lista liderada por Gregorio Agís.

Natural de Samieira e licenciada en Filoloxía Inglesa, na actualidade é tenente de alcalde e responsable de Turismo, Igualdade e Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns no Concello de Poio.

Julio Casás Barral

Número 3 da lista liderada por Gregorio Agís.

Natural de Vilariño e residente en Campelo, traballa como encargado de almacén nunha empresa de materiais de construción. É secretario xeral do PSOE de Poio e concelleiro de Obras e Servizos, Pesca e Marisqueo dende marzo de 2022.

Arsenio Pedre Costa

Número 4 da lista liderada por Gregorio Agís.

De San Salvador e empresario, é unha das novidades do noso equipo, tras participar no seu día na constitución e posta en marcha do asociacionismo entre os negocios locais de Poio.

Rebeca Quintillán Tilve

Número 5 da lista liderada por Gregorio Agís.

Natural de Chancelas e residente en San Salvador de Poio, forma parte da nosa candidatura para aportar a súa experiencia como profesora de Educación Infantil.

Cristina Bernal Cortegoso

Número 6 da lista liderada por Gregorio Agís.

Veciña de A Caeira, na parroquia de San Salvador de Poio, Cristina é licenciada en Dereito. Traballa como técnica de Proxectos Europeos e a súa actividade profesional está vinculada ao desenvolvemento de políticas de emprego e inserción laboral con diferentes colectivos.

Miguel Ángel Martínez González

Número 7 da lista liderada por Gregorio Agís.

Repartidor e veciño da parroquia de Samieira, Miguel Ángel é presidente da comisión de festas da Asociación Cultural e Deportiva Andaina de Samieira e unha persoa moi implicada na actividade veciñal, ademais de creador do ‘Banco de Samieira’.

María Dolores Aboal Núñez

Número 8 da lista liderada por Gregorio Agís.

Ama de casa e veciña de Liñares, María Dolores participa desde hai moitos anos de forma activa en moitas actividades do tecido asociativo e veciñal de Poio.

José Ángel Lodeiro Cancela

Número 9 da lista liderada por Gregorio Agís.

Autónomo e veciño de Fontenla, en San Xoan de Poio, José Ángel conta cun ampla experiencia dentro do tecido cultural, asociativo e veciñal do concello.

A candidatura completa

Scroll al inicio